Afyonkarahisar

Afyonkarahisar

Capital do il de Afyonkarahisar, Turquía, ao SO de Ancara (102.997 h [1995]). Tanto pola súa función administrativa coma pola súa situación (conta cun importante nó ferroviario), como polo seu desenvolto mercado agrícola, experimentou un forte crecemento demográfico nos últimos anos. Ten cultivos e comercio de opio.