"Kleist" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga familia nobre da Pomerania, documentada desde 1175. Destacaron Ewald Jürgen von Kleist (1700?-1748), físico que descubriu a ampola de Leiden (1745); o escritor Ewald Christian von Kleist (1715-1759); Friedrich, conde de Kleis von Nollendorf (1762-1823), mariscal que decidiu a Batalla de Kulm (1813); o escritor Heinrich von Kleist ; e Ewald von Kleist (1881-1954), mariscal que loitou en Stalingrado durante a Segunda Guerra Mundial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Frankfurt do Oder 1777 - Wannsee, Potsdam 1811) Escritor alemán. Fillo dun oficial do exército, abandonou a carreira militar e dedicouse á filosofía. Romántico no seu espírito e sensibilidade, pero clásico no estilo e na composición dos dramas -como reflite en Die Familie Schroffenstein (1803), Das Käthchen von Heilbronn e Penthesilea (1808)-, conseguiu unha enorme popularidade con novelas como Michael Kohlhaas (1810) e comedias como Der zerbrochene Krug (O cántaro roto, 1808).