Kleist, Heinrich von
Kleist, Heinrich von
(Frankfurt do Oder 1777 - Wannsee, Potsdam 1811) Escritor alemán. Fillo dun oficial do exército, abandonou a carreira militar e dedicouse á filosofía. Romántico no seu espírito e sensibilidade, pero clásico no estilo e na composición dos dramas -como reflite en Die Familie Schroffenstein (1803), Das Käthchen von Heilbronn e Penthesilea (1808)-, conseguiu unha enorme popularidade con novelas como Michael Kohlhaas (1810) e comedias como Der zerbrochene Krug (O cántaro roto, 1808).