Klenze, Leo von
Klenze, Leo von
(Hildesheim 28.2.1784 - Múnic 27.1.1864) Arquitecto alemán. Formouse en Berlín con F. Gilly e despois en París. En Múnic, onde realizou un plano urbanístico, construíu a Glyptothek (1815-1820), a Alte Pinakothek (1826-1836) e os Propileos, e, cerca de Ratisbona, o Walhalla (1830-1842), seguindo esquemas clásicos. Fixo os planos do Gosu-darstbiennij Ermitaxe de San Petersburgo.