Klimt, Gustav

Klimt, Gustav

(Viena 1862 - 1918) Pintor e artista gráfico. Presidiu a Wiener Sezession (1898-1903) e decorou o seu palacio. Os seus murais para a Universidade de Viena escandalizaron a crítica polo que deixou de recibir encargos públicos e se consagrou ao retrato. O seu estilo é bidimensional: a cor é un simple elemento decorativo e as figuras son presentadas nun universo refinado, erótico e tráxico ao mesmo tempo. Da súa obra destacan As tres idades da muller (1905), Dánae (1907-1908) e O bico (1907-1908).