"Kra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 51.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acra Leuqué.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fanzine de tendencia anarquista aparecido en Vigo a principios do ano 1980. Cesou a súa edición no número 7. Contiña entrevistas a novos grupos musicais de hardcorepunk e trataba temas de colectivos antimilitaristas, ecoloxistas e de reivindicación social.
-
CAPITAIS
Capital da wilāya de Biskra, en Alxeria, nas proximidades do Atlas sahariano, xunto ao wadi Biskra (129.611 h [1987]). Situada á beira dun grande oasis, o clima é seco. É un centro agrícola e turístico. Fundada polos romanos (s II a C), que a chamaron Vescera, foi conquistada polos árabes no s VII. En 1641 pasou a mans dos turcos ata 1844, ano no que foi ocupada polos franceses.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Alxeria (16.327 km2; 430.202 h [1987]). A capital é Biskra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido socialdemócrata checo, o máis antigo da República, pertencente á Internacional Socialista. Fundouse en 1878, cando o territorio checo formaba parte do Imperio Austro-Húngaro. Dende 1918 tivo representantes no goberno ata 1938. Co réxime comunista de 1948 foi obrigado a fusionarse co Partido Comunista, o que determinou o exilio de moitos dos seus membros. O restablecemento do CSSD produciuse en 1989 coa Revolución de Veludo. Durante a década dos noventa acadou progresivamente máis representación ata que en 1998, co 32,3% dos votos, puido formar un goberno minoritario no país. Os seus principais obxectivos foron acadar unha estabilidade económica que permitira cumprir os límites de converxencia económica coa Unión Europea, conseguir unha afluencia de capital estranxeiro, desenvolver medidas de política social, reformar o sistema bancario e exhibir unha campaña de “mans limpas”. O desgaste do goberno de Milos Zeman fixo que o partido comezase a perder apoios, como sucedeu nas eleccións...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concepto esotérico do hinduísmo, traducido por vórtice ou círculo, que designa os centros de contacto e interacción entre o corpo físico e o corpo sutil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rito tántrico do hinduísmo, traducido por culto do círculo, no que un reducido número de homes e mulleres se reúnen para participar nun banquete cultural que finaliza co acto sexual.
-
VER O DETALLE DO TERMO
A Unión Demócrata Cristiá xurdiu en Alemaña nas cidades de Berlín, Colonia e Düsseldorf no ano 1945. Integrada fundamentalmente por católicos e protestantes, gobernou na República Federal de Alemaña coa colaboración da Christlich-Soziale Union bávara desde o ano 1949. Os chanceleres K. Adenauer, L. Erhard e K. G. Kiesinger desenvolveron unha economía social de mercado na que o estado vixiaba as operacións e evitaba a desigualdade. Nas eleccións de 1969 a CDU pasou á oposición, presidida desde 1973 por H. Köhl. O partido chegou novamente ao poder no ano 1982 e gobernou en coalición co Partido Liberal. Reafirmou o seu liderado ao vencer nas primeiras eleccións da Alemaña reunificada no 1990. O chanceler H. Köhl, inspirador da política do partido no proceso de reunificación, permaneceu no poder e á fronte do partido ata 1995.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro aeronáutico e aeroespacial. Iniciouse na técnica aeroespacial coa súa participación no desenvolvemento dos V-2 alemáns. Despois da Segunda Guerra Mundial instalouse nos EE UU, onde traballou no programa de mísiles Atlas e Centaur do exército e, máis tarde, no programa tripulado Apollo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Profesor na École Polytechnique, participou nos debates de máis polémica en Francia. Influenciado por H. Arendt e M. Kundera, criticou o mundo moderno cualificándoo de despiadado e cruel. Das súas obras destacan Le Juif imaginaire (1983), Le défaite de la Pensèe (1987) e Comment peut-on être croate? (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Partido liberal alemán creado en 1948 na República Federal. Formou parte do goberno en 1949-1959, 1961-1966 e 1969. Trala reunificación perdeu un gran número de votos.
-
CIDADES
Cidade de Bohemia Oriental, situada en República Checa (99.899 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Istmo do SL de Asia que une a zona setentrional da península de Indochina coa zona meridional. Está situado entre o golfo de Tailandia e o mar de Andaman.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat da rexión Meridional, Tailandia (4.709 km2; 334.410 h [2000]). A súa capital é Krabi (20.054 h [1993]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Khêt de Camboxa (11.094 km2; 263.175 h [1998]). A súa capital é Krâchéh (12.139 h [1962]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Neustrelitz, Mecklenburg 1856 - Múnic 1926) Psiquiatra alemán. Introdutor dunha nova clasificación das enfermidades mentais, describiu por primeira vez a demencia precoz (esquizofrenia) e a psicose maníaco-depresiva. O seu Lehrbuch der Psychiatrie (1883) orientou durante moitos anos os estudios psiquiátricos europeos.
-
CIDADES
Cidade da República de Serbia e Montenegro (154.489 h [2000]). A súa economía baséase na industria do automóbil, de maquinaria e material eléctrico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Gelsenkirchen, Renania do Norte-Westfalia 1898 - Tübingen, Baden-Württemberg 1965) Filólogo alemán. Foi catedrático de Lingüística Comparada na Universidade de Tübingen e traballou no campo do indoeuropeo, sobre todo recollendo os estratos máis antigos desta lingua que se manteñen na toponimia. Destacan as súas obras Sprache und Vorzeit (Lingua e pasado, 1954) e Die Struktur der alteuropäischen Hydronymie (A estrutura da antiga hidronimia europea, 1963). Tamén dedicou estudios especiais ao ilirio, Lexicon altillyrischer Personennamen, (Vocabulario dos nomes de persoa do antigo ilirio, 1929) e Die Sparche der Illyrier (A lingua dos ilirios, 1955), e ao mesapio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade administrativa de Rusia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade administrativa de Eslovaquia e de República Checa.