Krahe, Hans

Krahe, Hans

(Gelsenkirchen, Renania do Norte-Westfalia 1898 - Tübingen, Baden-Württemberg 1965) Filólogo alemán. Foi catedrático de Lingüística Comparada na Universidade de Tübingen e traballou no campo do indoeuropeo, sobre todo recollendo os estratos máis antigos desta lingua que se manteñen na toponimia. Destacan as súas obras Sprache und Vorzeit (Lingua e pasado, 1954) e Die Struktur der alteuropäischen Hydronymie (A estrutura da antiga hidronimia europea, 1963). Tamén dedicou estudios especiais ao ilirio, Lexicon altillyrischer Personennamen, (Vocabulario dos nomes de persoa do antigo ilirio, 1929) e Die Sparche der Illyrier (A lingua dos ilirios, 1955), e ao mesapio.

Palabras veciñas

Krâchéh | Kraepelin, Emil | Kragujevac | Krahe, Hans | 1 kraj* | 2 kraj* | Kramators’ke