"Kras" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

  • REXIÓNS

    Rexión da Península Balcánica que se estende desde o golfo de Trieste ata Rijeka e separa Eslovenia da península de Istria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Dubiecko, Galitsia 1735 - Berlín 1801) Poeta polaco. Bispo de Varnia (1766), foi un dos autores satíricos máis interesantes e o poeta máis destacado da Ilustración en Polonia. Ademais de traducir a Plutarco e escribir tratados de poesía, publicou Bajki (Fábulas, 1779) e Stayry (Sátiras, 1779).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Podveskij 1896 - Moscova 1926) Microbiólogo. Estudioso da microbioloxía do solo, foi o primeiro en identificar os actinomicetos como bacterias e desenvolveu en 1941 un sistema de clasificación bacteriana. En 1938 foi o iniciador na URSS dos estudios sobre os antibióticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (París 1812 - 1859) Escritor. Dedicouse á prosa e ao drama histórico, fantástico e de terror. A súa obra máis reeditada é Nieboska komedia (Comedia non divina, 1835), aínda que    tamén escribiu poesía, como Przedświt (Antes da alba, 1843). Narrou o enfrontamento da aristocracia e o nacemento dun tempo novo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Donets’k, Ucraína (70.000 h [1987]). A súa economía baséase na extracción de carbón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do kraj de Krasnodar, Rusia (650.000 h [1997]). A súa economía baséase na fabricación de instrumentos de precisión e compresores, e na refinería de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Kraj de Rusia (76.000 km2; 5.009.800 h [estim1999]). A capital é   Krasnodar. É unha das rexións agrícolas máis importantes de Rusia e predomina a gandería porcina. O litoral do Mar Negro é un importante recurso turístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Moscova, Rusia (89.000 h [estim 1997]). Destaca na súa economía a fabricación de aparatos fotográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do kraj de Krasnojarsk, Rusia (874.000 h [1997]). Atravesada polo río Ienisei é un gran núcleo industrial de Siberia Oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Kraj de Rusia (2.339.700 km2; 3.075.600 h [estim 1999]). A capital é Krasnojarsk. Na súa economía predomina a industria, sobre todo a extractiva. Na parte meridional e central predomina a agricultura e a gandería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Lugansk, Ucraína (113.000 h [estim 1991]). A súa economía baséase na extración de carbón, construcións mecánicas e na industria madeireira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Publicou contos, poemas e vaudevilles, e fundou a revista Sovremennik. O triste destino dos pobres da capital foi o tema do libro Peterburgskie ugly (Rincóns de Peterburgo, 1845). A súa poesía enriqueceuse co espírito progresista da época, como en N’esčastnye (Os desgraciados, 1856). Influíu de forma decisiva na poesía rusa e soviética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ucraíno. Desenvolveu a súa obra en ruso, e nela reflectiu as súas diferenzas co réxime soviético, polas que se exiliou en París (1974). A súa obra V Okopakh Stalingrada (Nas trincheiras de Stalingrado, Premio Stalin 1946), está considerada como unha das novelas bélicas máis importantes da época. Tamén publicou Kira Georgievna (1961) e Po obe storomy okeana (Os dous lados do océano, 1962).

    VER O DETALLE DO TERMO