Nekrasov, Viktor Platonovič

Nekrasov, Viktor Platonovič

Escritor ucraíno. Desenvolveu a súa obra en ruso, e nela reflectiu as súas diferenzas co réxime soviético, polas que se exiliou en París (1974). A súa obra V Okopakh Stalingrada (Nas trincheiras de Stalingrado, Premio Stalin 1946), está considerada como unha das novelas bélicas máis importantes da época. Tamén publicou Kira Georgievna (1961) e Po obe storomy okeana (Os dous lados do océano, 1962).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Kiev

  • Deceso

    Lugar : París