"Kuwait" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Kuwait (98 km2; 305.694 h [estim 1998]). A súa capital é Al Kuwait.
-
ESTADO
Estado de Asia, ao N da Península Arábiga, limita ao O e ao N con Iraq, ao L co Golfo Pérsico, e ao S con Arabia Saudí (17.818 km2; 2.023.000 h [estim 2001]). A capital é Al Kuwait.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Kuwait comprende unha rexión continental e oito pequenas illas. É un país chairo e desértico que forma parte da chaira litoral do extremo NO do Golfo Pérsico; a máxima altitude está no SO do país, onde se acadan os 300 m sobre o nivel do mar. Ten un clima desértico, con chuvias moi escasas. Non hai ríos nin vexetación. As actividades agrícolas son casi inexistentes a causa do solo deficiente e a escaseza de auga potable (só se obtén auga potable depurando a auga do mar). Os principais cultivos son os melóns, os tomates e os dátiles. A pesca, sobre todo de gambas, é un recurso moi importante, pero o principal recurso do país é o petróleo. Como consecuencia dos ingresos que proporciona a exportación de hidrocarburos,... -
CAPITAIS
Capital do estado de Kuwait e da provincia homónima (28.859 h [1995] e 192.800 h [1995] na aglomeración urbana). Porto situado no fondo do Golfo Pérsico, a súa economía baséase nas refinerías e na exportación de petróleo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Kuwait ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Kuwait.
-