"López de Rego" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
GALICIA
Realizador, fotógrafo e operador de cine e televisión. Participou no GAC (Grupo Amateur de Cine), que realizaba algunhas curtametraxes a principios dos sesenta. En 1964, xunto con Gonzalo Anaya Santos e Ezequiel Méndez Vidal, directivos do cineclub santiagués do Sindicato Español Universitario (SEU), fundou o Equipo 64 a través do que realizou un documental sobre a cidade e outro sobre o Camiño de Santiago. Banet exerceu como autor da fotografía e colaborou, así mesmo, no guión. Formouse na Escuela Oficial de Cine en Madrid para logo ampliar coñecementos de fotografía en Bélxica e Francia. Na década dos setenta foi operador en O cadaleito (1976), obra de curtametraxe en 35 mm de E. R. Baixeras. Traballou para o centro galego da TVE, sendo tamén impulsor da Videoteca de Galicia, integrada no Arquivo da Imaxe de Galicia. Ademais realiza vídeos e programas para a Televisión...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, cinco roeis de sable colocados en aspa.
-
GALICIA
Relixioso. Foi misioneiro xesuíta en Asia e Oceanía, vicario apostólico das illas Marianas, Carolinas e Marshall e bispo de Toquio (1923). Escribiu Indulgencias auténticas y su calendario (1905).
VER O DETALLE DO TERMO