"LCR" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 17.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe teleósteo de ata 45 cm de lonxitude, corpo alongado, estreito e comprimido lateralmente, mandíbulas -a inferior máis longa que a superior- debilmente dentadas que se alongan nun bico, aleta dorsal e anal separadas da caudal por 5 ou 8 pínnulas, dorso azulado, de costados e ventre prateados cunha mancha azul na base de cada aleta pectoral. É unha especie epipeláxica, que forma grandes bancos en alta mar e que se alimenta de zooplancto e larvas de peixes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
estraloque.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escritor. Publicou o relato Posta de sol (1919) no suplemento Terra a Nosa! do xornal El Noroeste. A acción, que narra a historia sentimental dunha parella, desenvólvese no ambiente burgués da cidade de Barcelona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Émile Jacques-Dalcroze.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mausoleo romano situado en Fabara (Zaragoza). Coñecido como a Casa de los Moros, construíuse na segunda metade do s II. Ten planta practicamente cadrada e consta dunha cella precedida da pronaos e dunha cámara subterránea ou conditorium que acolle os restos dun defunto, identificado segundo unha inscrición como L. Aemmli Lupi. O pórtico é tetrástilo e dórico.
-
-
Punto ríxido ou soporte sobre o que oscila unha panca.
-
Punto de apoio de algo, especialmente dos brazos dunha balanza.
-
-
PERSOEIRO
Compositor e pedagogo. Ideou un método de ximnasia rítmica (eurorítmica) para os nenos, baseado na música, e fundou o Institut Jaques-Dalcroze de Xenebra. Realizou os seus primeiros estudios musicais con Fauré, Delibes e Bruckner. Escribiu tanto obras pedagóxicas (L’éducation par le rythme, 1907) como musicais (Sancho Panza, 1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liga Comunista Revolucionaria.
-
-
de malcriar.
-
Que ou quen se comporta dunha maneira maleducada e consentida.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Educar ou criar os fillos con maior condescendencia e permisividade da debida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de pulcro.
-
-
Que é moi limpo, aseado e ordenado.
-
Que se caracteriza polo coidado que pon ao facer algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumba escavada na rocha, preto do Calvario, xunto aos muros de Xerusalén, onde, segundo a tradición, Xesús Cristo foi enterrado e da que resucitou. A construción da terceira muralla integrouno no recinto urbano e foi cuberto polo foro e o capitolio da nova Aelia Capitolina de Adrián (135). Constantino fíxoo escavar e construíu (335) sobre el unha rotonda coñecida como Anástase (Resurrección), e a carón dela, separada por un claustro ao redor do Calvario, edificou unha basílica de cinco naves. A construción actual, denominada Anástase polos gregos e Santo Sepulcro polos latinos, erguérona os croatas (1130) e une nun só edificio as tres construcións constantinianas. De planta cruciforme, contén a rotonda sobre a edícula do sepulcro, a capela alta do Calvario, a igrexa, que en parte corresponde á antiga basílica, e a cripta de Santa Helena ou da Invención da Cruz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orde militar fundada por Godofredo de Bouillón tras a conquista de Xerusalén na Primeira Cruzada, o 15 de xullo de 1099, coa misión específica da custodia do Santo Sepulcro e de atender o servizo relixioso da súa igrexa. Esta dicotomía de funcións deu lugar a dúas ramas ben definidas dentro da orde: ao dos Cóengos agrupados nun Cabido de Cóengos Seculares, e a dos Cabaleiros, dedicados preferentemente a tarefas militares, que xustificaban o cualificativo de orde militar, agora convertidos en orde de cabalaría aristocrática co nome de Orde de Cabalaría do Santo Sepulcro de Xerusalén. Coa toma de Xerusalén polos turcos, os Cabaleiros trasladáronse a Europa estendéndose por Polonia, Francia, Alemaña e Flandes. En 1480, o Papa Inocencio VII incorporouna á orde de Xerusalén e en 1904 o Papa Pío X reservouse o Gran Mestrado. Antigamente existían tres clases de cabaleiros: de Honra e Devoción, de Xustiza e de Graza Maxistal, nomeados polo Gran Mestre a título honorífico. Modernamente, divídense...
-
-
Relativo ou pertencente ao sepulcro.
-
Que é lúgubre e tétrico.
-
-
-
-
Construción fúnebre, escavada na terra ou na rocha ou erixida sobre o chan, a miúdo solemne e monumental, de particular valor artístico ou histórico, ilustre para a fama da persoa ou persoas que están enterradas nel. As construcións sepulcrais están profundamente vinculadas ás ideas e crenzas sobre a morte, ás implicacións simbólicas do feito de morrer e á mesma concepción da vida das colectividades que as construíron. Hai cinco tipos de sepulcros: o túmulo, volume compacto e xenericamente xeométrico construído sobre a sepultura ou as cámaras funerarias (a mastaba e a pirámide exipcia, o tholos con pseudocúpula cretense e micénica e o pequeno outeiro de terra con base de pedra dos etruscos); o hipoxeo, escavado na rocha en parte ou totalmente, e ás veces reproducindo ambientes de arquitectura de superficies e imitando a fachada; o mausoleo, derivación monumental e da arquitectura elaborada do sepulcro túmulo, moi difundido durante o helenismo e o mundo...
-
sepulcro de fosa PRE
Tumba en fosa, sen ningún sinal no exterior, ás veces con algunha lousa como protección, ou ben, tamén a de lousa que forma un tipo de caixa (cista) de pequenas dimensións. Conteñen xeralmente un individuo, algunhas veces dous e raramente máis de dous, sempre en posición encollida, cos xeonllos preto do queixo. As ofrendas non son moi abundantes: algún vaso de cerámica lisa de perfís simples, puntas en forma de trapecio e coitelos de sílex. Adoitan aparecer agrupadas, en pequenas necrópoles, nas chairas, ou en lugares que teñan boas condicións agrícolas. Desenvolveuse en Catalunya entre o neolítico da cerámica cardial e o megalitismo, o terceiro milenio a C e quizais o inicio do segundo.
-
-
-
Urna que contén a imaxe xacente de Xesús Cristo defunto.
-
Cavidade do altar onde están depositadas as reliquias dos santos.
-
-
-
PERSOEIRO
Biblista. Foi profesor de Sagradas Escrituras e de hebreo no Séminaire de Saint-Sulpice (1868) e no Institut Catholique de París (1890). Escribiu, entre outras obras, Manuel biblique (1879-1880) e Ditionnaire de la Biblie (1891-1912).
VER O DETALLE DO TERMO