"Lanús" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
PERSOEIRO
Capelán da condesa María de Champaña. Por encargo seu escribiu en latín, no último terzo do s XII, o tratado De amore (‘Sobre o amor’), testemuño dos costumes morais da época que gozou de moita aceptación na literatura medieval.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de crustáceos da subclase dos cirrípedos coñecidos coa denominación común de arneirón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles da familia dos anfisbénidos ao que pertence o escáncer cego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de crustáceos da subclase dos copépodos. En moitas localidades mariñas constitúen os organismos máis abundantes do zooplancton e son probablemente os animais máis abundantes do mundo. Trátase, en consecuencia, do elemento maioritario na dieta de peixes que teñen importancia económica e ecolóxica, tales como a sardiña ou o bacallau e, xunto cos eufásidos, son o alimento principal das baleas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos accipítridos, ao que pertencen algúns dos peneireiros cinsentos.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Bos Aires, Arxentina (466.755 h [1991]). É un núcleo industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Protagonizou un intento de golpe de estado contra o réxime de J. D. Perón en 1951. Embaixador na Santa Sé (1956), foi subdirector da Escola Superior de Guerra (1960). Presidente da Junta de Comandantes (1971), foi o presidente virtual da república entre 1971 e 1973. Neste período tentou controlar a espiral inflacionista e convocou eleccións nacionais para restaurar o goberno civil en marzo de 1973, nas que resultou elixido Héctor J. Cámpora. En 1977 foi detido por corrupción, pero finalmente foi absolto.
VER O DETALLE DO TERMO