Calanus
Calanus
[ANIMAL]
Xénero de crustáceos da subclase dos copépodos. En moitas localidades mariñas constitúen os organismos máis abundantes do zooplancton e son probablemente os animais máis abundantes do mundo. Trátase, en consecuencia, do elemento maioritario na dieta de peixes que teñen importancia económica e ecolóxica, tales como a sardiña ou o bacallau e, xunto cos eufásidos, son o alimento principal das baleas.