calao

calao
s m [ANIMAL/ORNIT]

Ave da familia dos bucerótidos, de ata 107 cm de lonxitude, de peteiro grande, curvado, comprimido lateralmente e cunha protuberancia máis ou menos voluminosa na base, denominada casco. A plumaxe é pouco vistosa, a cola longa e o peteiro e o casco de cores vivas. Durante a incubación e a crianza dos pitos, a femia permanece encerrada nun niño practicado no tronco da árbore, mentres o macho se encarga da alimentación. Son aves arborícolas e gabeadoras, propias das selvas tropicais da India, Oceanía e África.

Palabras veciñas

calandroiro | calanta | Calanus | calao | Calapez, Pedro | Calappa | 1 calar