"Lancaster" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
PERSOEIRO
Político. Foi presidente da Junta de Comercio y Moneda, fundador da Academia de Bellas Artes e director da Real Academia Española desde 1751. Coa chegada de Fernando VI foi nomeado secretario de estado. Chegou a un acordo en 1752 co Imperio para manter o equilibrio político en Italia e asinou o Concordato de 1753 coa Santa Sé.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Castela (1390-1406), filla do duque de Lancaster e neta de Pedro I. O seu casamento en 1388 con Enrique de Trastámara, futuro Enrique III, puxo fin ás loitas dinásticas entre os descendentes de Pedro I e os Trastámara. Ambos os esposos recibiron o título de Príncipes de Asturias, denominación que dende aquela levan os herdeiros da coroa española. Foi correxente do seu fillo Xoán II dende 1406.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista. Durante a Segunda Guerra Mundial foi secretario do director de espionaxe no ministerio da Mariña. Creador do personaxe de James Bond, iniciou a serie con Casino Royale (1953) e fixo un total de doce títulos.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Inglaterra, situada no condado de Lancashire (46.321 h [1981]). É un porto no esteiro de Lune e destaca a súa industria téxtil.
VER O DETALLE DO TERMO -
DINASTIAS
Dinastía real inglesa que tivo a súa orixe no príncipe Edmundo de Inglaterra, coñecido como Edmundo de Lancaster (1245-1296), fillo pequeno do Rei Enrique III e primeiro conde de Lancaster. En 1245 recibiu o Reino de Sicilia do Papa Inocencio IV, pero en 1258 Alexandre IV cancelou a concesión. Durante a Guerra dos Baróns (1236-1265) estivo exiliado en Francia e, en 1265, coa vitoria dos realistas, recibiu o condado de Leicester e, un ano máis tarde, o de Derby. Sucedérono os seus fillos Tomás de Lancaster (1277?-1322), segundo conde de Lancaster, e Enrique de Lancaster (1281?-1345), terceiro conde de Lancaster; o fillo deste último Enrique de Lancaster (1300?-1361), foi o cuarto conde e o primeiro duque de Lancaster. Participou na Guerra dos Cen Anos. A súa filla, Branca de Lancaster (1347?-1369) casou con Xoán de Gante, fillo do Rei Enrique III, que se converteu no segundo duque de Lancaster. O seu...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Burton Stephen Lancaster.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Coñecido como Burt Lancaster, protagonizou The Killers (1946), Apache (1953), Il Gattopardo (1963), Novecento (1975), Atlantic City (1980), Rocket Gibraltar (1988) e Field of Dreams (1989). Foi premiado nos festivais de Berlín e Venecia, en 1956 e 1962, por Trapeze e Birdman of Alcatraz, respectivamente e en 1960 obtivo o Oscar ao mellor actor por Elmer Gantry.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo. En 1798 fundou unha escola en Southwark (Londres) onde aplicou o sistema mutuo ou monitorial system de ensino ideado por Andrew Bell. Este método consistía en que os alumnos máis adiantados debían instruír os demais e, a diferenza de A. Bell, Lancaster primaba o ensino das nocións elementais, que podían ser de utilidade na vida, sobre o ensino moral ou relixioso. Destaca a súa obra The British System of Education (1810).
VER O DETALLE DO TERMO