"Landro" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

    1. Balandra pequena.

    2. Balandra de coeficientes de finura moi pequenos e grande altura metacéntrica, construída especialmente para as regatas. Os diferentes monotipos de balandro son moi numerosos e moitos deles, como o vaurien, o snipe, o 505, o flying dutchman, constitúen series internacionais.

    3. Embarcación costeira de pequenas dimensións, con cuberta e aparellado, de proa a popa, cun só mastro e un bauprés fixo. Con anterioridade á adopción do vapor nas embarcacións, os balandros de guerra (corvetas) tiñan un aparello inferior ao das fragatas e unicamente montaban canóns sobre a ponte superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa de aspecto descoidado ou ridículo.

    2. Vaca vella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario editado en Viveiro a partir de marzo de 1916. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de B. López Muñoz e contou coa colaboración de Xesús González e Esteban F. Temprano. O 10 de xuño de 1931 volveu saír da man doutros redactores e imprimiuse nos obradoiros de Fojo. Desapareceu novamente ata o 1 de abril de 1936, en que se editou como publicación conservadora e   franquista. Cesou definitivamente en 1938.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da vertente cantábrica que discorre en dirección S-N e que desemboca formando a ría de Viveiro. Nace na serra do Xistral, na parroquia do Viveiró (Muras) e forma o límite entre os concellos de Muras e Ourol, pasando ao de Viveiro onde desemboca entre a praia de Area de Covas e o porto de Celeiro, despois dun percorrido de 42 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Viveiro baixo a advocación de san Xiao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Landro en Landrove (Viveiro). Construída no s XV, trátase dunha ponte de cantería e cachotería de dous vans, un deles oxival e outro rebaixado. Pertenceu ao Camiño Real de Vilalba a Viveiro.

    VER O DETALLE DO TERMO