"Lanzós" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PERSOEIRO

    Cabaleiro galego que xunto con Diego de Lemos e Pedro Osorio dirixiu a campaña dos irmandiños durante a Segunda Guerra Irmandiña. Segundo Amor Meilán na súa obra Biografías gallegas, pertencía á familia dos Lanzós de Vilalba. Semella que Alonso de Lanzós tiña xurada a destrución da Casa de Andrade; Vasco de Aponte mantén que recibía, como outros cabaleiros do tempo, soldo dela. Segundo Martínez Sueiro, o mesmo Rei Enrique IV deulle azos ao principio da loita irmandiña, cando o movemento recibía apoio rexio. Loitou dende Lugo ata Ferrol e Pontedeume, sobre todo nos estados dos Andrade, tomando a capital, Pontedeume, onde conseguiu alistar moitos dos vasalos de Andrade nas súas hostes. Sorprendido pola chegada dos exércitos señoriais, encabezados por Fernán Pérez de Andrade e Gómez Pérez das Mariñas, fortificouse no Castro de Gundián e enviou emisarios a Diego de Lemos contando co seu auxilio para resistir. Cando á mañá seguinte os sitiadores se dispoñían novamente a asaltar o castro,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilalba baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilalba baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu en Louredo (Mos) e que entronca cos Andrade. As súas armas levan, en campo de azul, un carballo ao natural, perfilado de prata e terrazado de sinople e, arrimadas á súa copa, cinco lanzas de prata, coas varas de ouro. Outra variante trae, en campo de prata, unha árbore de sinople, e dez lanzas, apoiadas ao seu tronco; bordo de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO