"Laredo" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Cantabria, situado ao SL de Santander, no extremo oriental da baía de Santoña (12.559 h [2001]). Tivo importantes estaleiros durante o s XVII. Na actualidade ten industria relacionada coa actividade pesqueira, complementada pola agricultura e a explotación gandeira. É centro turístico. O conxunto histórico foi declarado BIC en 1970.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Texas, EE UU, situada á beira do río Bravo (122.900 h [1990]). Posúe refinerías de petróleo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Estudou debuxo e pintura. Colaborou en Guía de las rutas de Galicia e escribiu Os nosos cruceiros (1993), ilustrado con debuxos seus. Realizou exposicións individuais e colectivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e escritor. Licenciado en Filosofía e Teoloxía, Humanidades e Pedagoxía, foi autor de Os nosos devanceiros (1976), Guía de Santiago e Rías Baixas (1982), Galicia Enteira (1980-1989), Galicia de Galicia: do A ao Z (1991), O camiño de Santiago por Galicia (1993) e Guía de Arzúa (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Tamaulipas, México (310.915 h [2000]). Situada á dereita do río Bravo, na fronteira con EE UU, forma parte da aglomeración de Laredo (Texas, EE UU).
VER O DETALLE DO TERMO