Laredo
Laredo
Municipio de Cantabria, situado ao SL de Santander, no extremo oriental da baía de Santoña (12.559 h [2001]). Tivo importantes estaleiros durante o s XVII. Na actualidade ten industria relacionada coa actividade pesqueira, complementada pola agricultura e a explotación gandeira. É centro turístico. O conxunto histórico foi declarado BIC en 1970.