"Lausanne" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
CAPITAIS
Capital do cantón de Vaud, Suíza, situada na beira N do lago Léman ou de Xenebra (114.900 h [2001]). A cidade esténdese a partir dun outeiro que domina o lago, onde radica o núcleo antigo. É un centro terciario e residencial, e a área industrial instalouse sobre todo en Rennes, núcleo próximo. A súa importancia aumentou con motivo da apertura do túnel de Simplon (1906), que a situou na liña internacional París-Milán. Destaca tamén a súa industria hoteleira. Ten universidade desde 1537, polo que rivaliza con Xenebra como centro intelectual da Suíza francesa. É centro de convencións e congresos. En xuño e xullo de 1932 tivo lugar a Conferencia de Lausanne que anulou as reparacións de guerra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escola de pensamento económico baseada na teoría do equilibrio, encabezada por León Walras e Vilfredo Pareto, que se sucederon na cátedra de economía da Université de Lausanne entre 1871 e 1906. A partir da hipótese dunha competencia perfecta mediante o cálculo diferencial, o método de aproximacións sucesivas e o concepto de curvas de indiferencia, a teoría do equilibrio analiza os problemas de optimización do sistema económico e establece unha situación de máxima satisfacción individual.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado o 24 de xullo de 1923 en Lausanne polas potencias occidentais, Grecia e Turquía despois das vitorias turcas sobre os gregos. Aboliu o Tratado de Sèvres (1920) e obrigou a Grecia a ceder aos turcos Esmirna, Tracia oriental e Anatolia e recoñeceulle o control de navegación polos estreitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
san (s VI) Bispo de Avenches (Suíza). Mudou a sé episcopal a Lausanne e fundou o convento de Payerne. A súa festividade celébrase o 31 de decembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución museística creada polo Comité Olímpico Internacional e inaugurada en 1993. Situado en Lausanne, o edificio é obra do arquitecto Pedro Ramírez Vázquez. Símbolo da unión do deporte, a arte e a cultura, dispón de información sobre os xogos olímpicos desde a antiga Grecia ata os celebrados en época moderna. Está estruturado segundo as disciplinas olímpicas, os campións e a organización dos xogos modernos. Realiza exposicións temporais, seminarios, conferencias e outras actividades.