"Leixa" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

    1. Que ten algunha imperfección física.

    2. Referido a aquel que ten algún problema ou defecto moral ou psíquico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María del Pilar Jiménez Aleixandre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta español. Licenciado en Dereito, aínda que nunca exerceu. Considerado un dos principais representantes da Xeración do 27, o seu mundo poético enriqueceuse e evolucionou dende Ámbito (1928) ata Espadas como labios (1932) e La destrución o el amor (1934), dende o simbolismo ao superrealismo. Espallou a idea de que a poesía é o todo e que os datos da experiencia vital, a natureza, o subconsciente e as lembranzas son os elementos que a integran. Despois dos poemas en prosa Pasión de la tierra (1935), publicou un dos seus libros fundamentais: Sombra del Paraíso (1944). Despois dos amargos versos de Mundo a solas (1950) escribiu entre outras: Historia del corazón (1954), Poemas de la consumación (1968) e Diálogos del conocimiento (1974). Publicou tamén Poesías completas (1960) e os retratos literarios Los Encuentros (1959). En 1968 reuniu todas as súas Obras completas, e en 1976 publicou...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de desleixar.

    2. Que ou quen ten pouco coidado no seu arranxo persoal ou é preguizoso á hora de realizar as súas obrigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Actitude da persoa que é desleixada.

    2. Acto que deixa á vista unha actitude desleixada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mostrarse alguén pouco coidadoso co seu aspecto ou coas súas obrigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida coma Marilar Aleixandre, é profesora de Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela. Vinculada ao movemento feminista, participou na creación da Asociación Galega da Muller e encabezou a lista do Movemento Comunista de Galicia nas primeiras eleccións municipais (1979). Participou nos movementos de renovación pedagóxica e pertence ao colectivo poético do Batallón Literario da Costa da Morte. Colaboradora de numerosas revistas, é coautora dos primeiros libros de ciencias en galego Xilbarbeira (1981), Setestrelo 1 (1988) e Setestrelo 3 (1989); tamén é coautora de diversas publicacións de didáctica das ciencias, dun vocabulario de ciencias naturais e autora de Dubidar para Aprender (1997). En canto á súa produción literaria, no apartado infantil e xuvenil publicou A formiga coxa (1989), O rescate do peneireiro (1990), Nogard (1994), A expedición do Pacífico (Premio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ribeira esquerda da ría de Ortigueira, situada entre a punta de Fornelos e a enseada de Mera, na parroquia de Veiga (Ortigueira).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ferrol baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recurso retórico que consiste en repetir a mesma palabra no final dun verso ou estrofa e no comezo do seguinte, ou na repetición do mesmo verso no fin dunha estrofa e no comezo da outra que segue, ben inmediatamente ou a través doutra estrofa interposta. Este proceso de articulación estrófica é fundamental na configuración paralelística, sobre todo na cantiga de amigo por estar máis ligada á tradición popular. Normalmente a segunda estrofa repite o texto da primeira agás as palabras de rima, que mudan de orde ou son substituídas por un sinónimo; a terceira estrofa comeza repetindo o segundo verso da primeira e termina cun de nova creación que rima con aquel, a cuarta realiza a mesma operación co segundo verso da segunda, e así sucesivamente ata un máximo de oito estrofas, que dan paso ao refrán. As rimas (adoito asonantes) alternan os pares í-o, í-a, á-o, á-a e sitúan nesa posición un número restrinxido de termos que se repiten, como amigo, amado, desmentido, perjurado ou enamorado,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer o xabre do zoco.

    2. Apartar algo de si.

    3. olverse atrás na palabra dada.

    4. Prescindir dunha cousa que se posuía.

    VER O DETALLE DO TERMO