"Lemosín" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
REXIÓNS
Rexión situada no NO de Occitania, Francia (16.942 km2; 344.721 h [1999]). Composta polos departamentos de Alta Viena, Corrèze e Creuse. A capital é Limoges. A base da súa economía é a gandería bovina, e tamén destaca a ovina. Romanizada a partir de 51 a C, foi evanxelizada no s III por san Marcial. Ocupada polos visigodos (419-507) e polos francos (507-511), pasou sucesivamente a formar parte dos reinos de Neustria (511-584) e de Aquitania (584-876). Converteuse en condado da Marca na época carolinxia, e durante tres séculos estivo baixo dominación inglesa, ata que a conquistou Carlos V (1370-1374). Coa anexión dos vizcondados de Limoges (1607) e de Turena (1738), incorporouse á coroa francesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
condado da Marca.
-
-
Relativo ou pertencente a Limoges, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Limoges.
-
ariedade setentrional da lingua de oc que se fala en Limoges e na súa contorna. Distínguese do languedociano central pola palatalización de ca e ga latinos (vacha, plaja), a caída ou vocalización de s ante c, p e t (feta/festa), a vocalización de s en final de palabra ou a perda con alongamento de vocal anterior (òmei/homes, chabra/cabras), a vocalización en u de ll latino intervocálico (chatèu/castelo) e a distinción entre b e v.
-