Lemosín
Lemosín
Rexión situada no NO de Occitania, Francia (16.942 km2; 344.721 h [1999]). Composta polos departamentos de Alta Viena, Corrèze e Creuse. A capital é Limoges. A base da súa economía é a gandería bovina, e tamén destaca a ovina. Romanizada a partir de 51 a C, foi evanxelizada no s III por san Marcial. Ocupada polos visigodos (419-507) e polos francos (507-511), pasou sucesivamente a formar parte dos reinos de Neustria (511-584) e de Aquitania (584-876). Converteuse en condado da Marca na época carolinxia, e durante tres séculos estivo baixo dominación inglesa, ata que a conquistou Carlos V (1370-1374). Coa anexión dos vizcondados de Limoges (1607) e de Turena (1738), incorporouse á coroa francesa.