"Leopoldo II" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
PERSOEIRO
Emperador romano-xermánico, rei de Xermania, de Hungría e de Bohemia (1790-1792) e primeiro gran duque de Toscana (Leopoldo I de Toscana, 1765-1790), segundo fillo de Francisco I e de María Tareixa I de Austria. Á morte do pai recibiu Toscana, onde aplicou as doutrinas do despotismo ilustrado e promoveu numerosas reformas, para facer máis eficiente a administración e desenvolver a economía. Designado emperador á morte do seu irmán Xosé II, restableceu o dominio austríaco en Brabante e en Liexa (1790-1791). Resolveu as diferencias xurdidas con Prusia por motivo de Polonia e asinou a Paz de Sistova cos turcos en 1791.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Bélxica (1865-1909) e da colonia do Congo Belga (1885-1907). Sucedeu o seu pai, Leopoldo I, e co apoio de Reino Unido seguiu unha política de neutralidade en Europa. En 1876 fundou a Asociación Internacional Africana, que organizou e explotou economicamante o Congo en beneficio do rei. En 1908 cedeu a colonia a Bélxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gran duque de Toscana (1824-1848 e 1849-1859), fillo de Fernando III e neto do Emperador Leopoldo II. Soberano liberal, concedeulle unha constitución aos seus súbditos, pero en 1848 tivo que fuxir trala instauración dun goberno provisional republicano. Restablecido no poder coa axuda de Austria, foi expulsado definitivamente en 1859.
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago da República Democrática do Congo. Ten 2.400 km2 de superficie e comunica co lago Kasai.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Austria (1358 -1386), fillo de Alberte II. Encargouse do goberno dos dominios austríacos co seu irmán Alberte III, e no reparto de Neuberg quedou cos ducados de Estiria, Carintia e Carniola, co Condado do Tirol e o Landgraviato de Alsacia. Morreu combatendo os suízos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Bélxica (1934-1951). Sucedeu o seu pai Alberte I e en 1939, iniciada a Segunda Guerra Mundial, declarouse neutral. Rendeuse despois da invasión alemá (1940) e foi suspendido nas súas funcións despois da guerra, polo que se estableceu en Suíza (1945). Un plebiscito permitiulle volver a Bélxica (1950), pero en 1951 foi obrigado a abdicar no seu fillo Balduíno I de Bélxica.
VER O DETALLE DO TERMO