"Lerín" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • Factor VI da coagulación do sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarquista francés. Participou na Comuna de Marsella do 1871. Disolta esta, refuxiose en Barcelona, onde con Paul Brousse e Camille Camet, creou o Comité de Propagande Révolutionnaire Socialista de la France Méridionale (Comité de Propaganda Revolucionaria Socialista da Francia Meridional, 1873) e publicou o periódico La Solidarité Révolutionnaire (A Solidariedade Revolucionaria). Foi membro da Alianza da Democracia Socialista e representou á Federación Rexional Española da AIT no Congreso da Haia en 1872 e no de Xenebra un ano máis tarde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico, teólogo, canonista e editor italiano. Ensinou en Verona e publicou Il metodo di S. Agostino negli studi (O método de santo Agostiño nos estudios, 1724), onde sostiña a doutrina do probabilismo. Loitou contra o préstamo con xuros e contra a usura, o que o levou a publicar a Summa Theologica de Antonio de Florencia (1741), a Summa de Ramón de Penyafort (1745) e o tratado De iure divino et naturali circa usuram (Sobre o dereito divino e natural en relación coa usura, 1744-1774), sendo aceptados algúns dos seus puntos por Benedicto XIV, quen tamén lle encargou a edición crítica das obras de León I (1753-1757). Así mesmo, é autor de diversas obras en defensa da autoridade pontificia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma leve de cólera con diarrea como único síntoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Culler pequena, coma as de sobremesa ou as de café, que ten diversos usos.

      2. Cantidade dun líquido ou dun alimento ou condimento que colle nunha culleriña.

    1. Utensilio de pesca deportiva constituído por un anzol de tres puntas e unha pa que atrae os peixes polo súa cor brillante e polo seu movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Xurxo de Piquín (Ribeira de Piquín). O seu cumio acada os 600 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome de dúas illas situadas diante de Cannes, en Provenza. A máis pequena, Saint-Honoré, foi sé dun mosteiro célebre, fundado por san Honorato cara a 400. Foi un foco monástico e cultural das Galias nos ss V e VI, do que xurdiron figuras relevantes como Cesario e Hilario de Arles e Patricio, apóstolo de Irlanda. Secularizado en 1788, os cistercienses renovaron a vida monástica en 1871.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico francés da arte. Coñecido como le Viateur ou Peregrinus Viator, foi cóengo e escribiu De Artificiali Perspectiva (1505), unha obra desde a que difundiu os principios de perspectiva italianos enriquecidos cos procedementos empíricos da tradición nórdica. Supuxo a primeira exposición do método dos puntos de distancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proteína esencial para a xeración de enzimas como a tromboplastina, nesesarios para a coagulación do sangue. É o factor lábil da coagulación ou factor V.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. Presbítero no mosteiro de Lerins e adversario de santo Agostiño, foi famoso pola súa doutrina sobre a tradición, expresada na obra Commonitorium (434). A súa festividade celébrase o 24 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO