Alerini, Charles
Alerini, Charles
Anarquista francés. Participou na Comuna de Marsella do 1871. Disolta esta, refuxiose en Barcelona, onde con Paul Brousse e Camille Camet, creou o Comité de Propagande Révolutionnaire Socialista de la France Méridionale (Comité de Propaganda Revolucionaria Socialista da Francia Meridional, 1873) e publicou o periódico La Solidarité Révolutionnaire (A Solidariedade Revolucionaria). Foi membro da Alianza da Democracia Socialista e representou á Federación Rexional Española da AIT no Congreso da Haia en 1872 e no de Xenebra un ano máis tarde.