"Lerins" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Antigo nome de dúas illas situadas diante de Cannes, en Provenza. A máis pequena, Saint-Honoré, foi sé dun mosteiro célebre, fundado por san Honorato cara a 400. Foi un foco monástico e cultural das Galias nos ss V e VI, do que xurdiron figuras relevantes como Cesario e Hilario de Arles e Patricio, apóstolo de Irlanda. Secularizado en 1788, os cistercienses renovaron a vida monástica en 1871.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. Presbítero no mosteiro de Lerins e adversario de santo Agostiño, foi famoso pola súa doutrina sobre a tradición, expresada na obra Commonitorium (434). A súa festividade celébrase o 24 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO