"Liberia" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
ENTRADA LARGA
Estado de África occidental que limita ao N con Guinea, ao L con Costa de Marfil, ao S e SO co Océano Atlántico e ao NO con Serra Leona (111.369 km2; 3.226.000 [estim 2001]). A capital é Monrovia.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Constitúe un grande altiplano que descende irregularmente cara á costa. Distínguese a costa baixa e regular e unha área intermedia de baixos outeiros que se eleva cara a un altiplano interior que culmina nos montes Nimba (1.752 m alt). O clima é subecuatorial, moi húmido e caloroso. As precipitacións concéntranse de maio a outubro, e son máis abundantes na costa ca no interior. Está atravesada por numerosos ríos, con rápidos, que desembocan no Océano Atlántico. O país está cuberto de bosque ecuatorial, aínda que está en continuo retroceso pola acción do home, que o substitúe polas plantacións.
Xeografía económica
A economía baséase fundamentalmente na agricultura. Unha gran parte da poboación practica... -
-
Relativo ou pertencente a Liberia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Liberia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao líber.