"Lier" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 81.

  • RIOS

    Río da Francia atlántica, afluente do Loira pola esquerda (410 km). Nace na Maure de Garduille e o seu curso, a través de gorxas e planicies, discorre pola Alvernia e o Borbonés. Recibe ao Alagnon, ao Dore e ao Sioule.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigamente, soldado de mariña encargado de defender a nave contra das abordaxes. Ía armado con coiraza e pavés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da rexión administrativa de Alvernia (Auvergne), Francia (7.340 km2; 352.344 h [estim 1995]). A capital é Moulins.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. Autor dun cancioneiro de sonetos nos que, de xeito realista, reflicte os ideais burgueses da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de arquitectos suízos que practicaron un estilo moi influído polas formulacións brutalistas e pola estética das últimas etapas da obra de Le Corbusier. Formado inicialmente por E. Fritz, S. Gerber, R. Hestenberg, H. Hostettler, N. Morgenthaler e A. Pini, destaca o uso do formigón visto como un sistema construtivo e de expresión estética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obradoiros Nacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Seine-Saint Denis, Ille-de-France, Francia, na aglomeración urbana de París (67.557 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación da novela 138 de Xustiniano, que establecía a nulidade plena e a ineficacia de toda fianza outorgada pola dona a prol do marido. Tiña por finalidade protexer a paz familiar e os bens da dona así como evitar que nunha situación económica angustiante do marido a muller se vise obrigada a financialo cos seus propios bens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e botánico. No 1635 ingresou na orde dominicana e viaxou pola Península Ibérica, Occitania e Italia. Fixou a súa residencia en Roma (1653 -1672), onde fixo gravar os debuxos de moitas das plantas recollidas nas súas viaxes. Perdidos os seus escritos nun incendio, Antoine de Jussieu publicou no 1714 a impresión dos gravados das plantas, acompañadas dalgúns comentarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cociñeiro. Fundador do primeiro gran restaurante de París entre 1782 e 1786 chamada   Gran Taberna de Londres. É autor do tratado de gastronomía L’art du cuisinier (A arte do cociñeiro, 1814).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soldado italiano da infantería lixeira. O corpo dos bersaglieri foi creado en 1836 polo capitán Alessandro Ferro della Marmora como un corpo especialmente escollido de tiradores. Durante a Segunda Guerra Mundial participaron en todas as frontes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Estudiou arte dramática con Louis Jouvet e, dende Gribouille (1937), interpretou máis de cento cincuenta películas. Desenvolveu unha notable traxectoria no cine italiano ás ordes de M. Monicelli, E. Scola ou L. Visconti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Axudante de dirección e realizador cinematográfico. Presentou unha xeración de novos actores como Moiou-Miou, Depardieu e Dewaere, en Les valseuses (Corazóns tolos, 1973). Estivo influído polo Surrealismo, tal e como amosa en Buffet froid (Buffet frío, 1979) e preocupouse pola homosexualidade en Tenue de soirée (Obrigada á noite, 1986) e na produción Trop belle pour toi (Demasiado bela para ti, 1989). Realizou ademais Préparez vos mouchoirs? (Teñen preparados os seus panos?, 1978), gañadora dun Oscar á mellor película estranxeira e Mon homme (O meu home, 1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés, máis coñecido polo pseudónimo de Saint-Georges de Bouhélier. Cultivou o ensaio, a poesía e sobre todo o teatro, coa súa obra O entroido dos nenos (1910). Escribiu tamén unha serie dramática de carácter histórico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de prateiros que traballou en Santiago. Xoán Boullier (s XVIII), de orixe francesa instalouse en Santiago de Compostela na parroquia da Corticela. Coñécenselle poucas obras: unhas pedras para a esclavina do Santo Apóstolo e un anel para a mesma imaxe. O seu fillo, Xosé Boullier (Santiago de Compostela 1712 - Trascárcel 1792) traballou para a catedral compostelá. Realizou tres imaxes de Santiago en ouro e dúas urnas de prata para as reliquias de santa Amancia e santa Amalia (1779). A súa sona trascendeu fóra de Santiago e foi reclamado para facer a fábrica e estrutura da imaxe de san Pedro G. Telmo, en Tui. Foi tamén gravador. O seu irmán Manuel Boullier (s XVIII) continuou coa tradición familiar. Para a catedral de Santiago de Compostela realizou varias estatuas de Santiago de ouro, encargadas polo cabido para distintas personalidades (1788-1797). Traballou unicamente en Santiago, debido sobre todo a que estes traballos de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador francés e conde de Boulainvilliers. Moitas da súas obras foron impresas despois da súa morte. É o autor de État de la France (Estado de Francia, 1727) e Essai sur la noblesse de France (Ensaio sobre a nobreza de Francia, 1732), onde defendeu o feudalismo e a orixe xermánica da aristocracia francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e escritor. Tivo un papel destacado na preparación da Paz de Rijswijk (1697) e chegou a ser secretario de Luís XIV. Escribiu De la manière de négocier avec les souverains (Xeito de negociar cos soberanos, 1716), que se converteu nun modelo de tratado diplomático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Como arquitecto maior de Filipe V deseñou o palacio e os xardíns de La Granja de San Ildefonso en Segovia. Foi mestre do seu fillo François Carlier (? - Bayonne 29.12.1760), profesor na Academia de Bellas Artes de San Fernando e deseñador das igrexas do Pardo e das Salesas Reales de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés. Comezou a súa andaina rodando filmes cun rigor clásico e logo levou a cabo realizacións experimentais. Entre outras películas, dirixiu: Le combat dans l’île (O combate na illa, 1962), La chamade (A chamada, 1968), Martin et Leà (1977) e Thérèse (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Giuseppe Cesari.

    VER O DETALLE DO TERMO