"Lillo" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
PERSOEIRO
Anarquista italiano. Tipógrafo en Londres, decidiu atentar contra Antonio Cánovas del Castillo, líder do goberno español. Axudado por Henri Rochefort e os insurxentes cubanos, asasinou a Cánovas no balneario de Santa Ádega o 8 de agosto de 1897. Morreu executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Especialidade pasteleira propia de Madrid semellante a unha empanadiña rectangular enchida dunha crema pasteleira. Frítese en aceite de oliva moi quente, de xeito que queda dourado e inchado, e preséntase con azucre e canela. O seu consumo realízase preferentemente en quente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga das palilleiras que designa ‘o nome dado a unha clase de encaixe para distinguilo do feito coa agulla ou á máquina’.
-
-
Peza torneada, de madeira de amieiro, buxo ou nogueira, duns 10 cm de longo, máis ou menos ancho, que se utiliza para realizar encaixes e puntillas.
-
Ferramenta que utilizan os douradores que consiste nunha vara de madeira cunha punta afiada. Nos procesos de policromía de esculturas ou retablos utilízase para raiar a capa de pintura, eliminala e debuxar motivos ornamentais ao deixar ver o dourado subxacente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación creada o 14 de xuño de 1914 no concello de Cuntis para asistir gratuitamente os pobres que acudían a tomar baños ás termas de Caldas e Cuntis.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación manuscrita que apareceu en 1899 en Muros e que cesou ao ano seguinte. Colaboraron na súa redacción Ramón de Artaza Malvárez e Xoán Xosé Rodríguez Lojo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado no val de Riánsares (2.922 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo. Doutor en Ciencias Xeolóxicas e catedrático de Didáctica das Ciencias Experimentais, publicou El principio de localización y sus consecuencias de actividades sobre la percepción y la representación del espazo en el estudo del medio físico natural (1999) e, en colaboración, Prácticas de geología (1978), El estudo de los minerales (1984) e Didáctica de las ciencias naturales: 1, aspectos generales de didáctica y metodología de las ciencias naturales (1985). É membro da Sociedad Geológica de España, da Real Sociedad Española de Historia Natural, da Sociedade Galega de Historia Natural, da National Association of Geology Teachers (NAGT), da Earth Sciencies Teacher Association (ESTA) e da European Science Research Association (ESERA). Recibiu a Cruz de Alfonso X el Sabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor chileno. Influído polos naturalistas franceses, foi o primeiro en incorporar o proletariado na narrativa chilena, como nos contos Sub Terra (1904) e Sub Sole (1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Oviedo. De estilo prerrománico, foi construída en tempos de Ramiro I. Orixinariamente tivo planta de tres naves separadas por columnas, cunha tribuna de cachotería aos pés, que tiña un uso rexio. Só se conserva o pórtico, con dúas cámaras aos lados, e o primeiro tramo das tres naves. Declarada Ben de Interese Cultural (BIC, 1885) é, xunto co resto dos monumentos de Oviedo e do Reino de Asturias, Patrimonio da Humanidade desde 1985.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Peza torneada, de madeira de amieiro, buxo ou nogueira, duns 10 cm de longo, máis ou menos ancho, que se utiliza para realizar encaixes e puntillas.
-
Ferramenta que utilizan os douradores que consiste nunha vara de madeira cunha punta afiada. Nos procesos de policromía de esculturas ou retablos utilízase para raiar a capa de pintura, eliminala e debuxar motivos ornamentais ao deixar ver o dourado subxacente.
-