"Limburg" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Provincia do NL de Bélxica, que ten como límites Países Baixos e o río Mosa (2.422 km2; 791.178 h [estim 2000]). A súa capital é Hasselt. Comprende dúas rexións separadas polo río Demer, ao N, a parte oriental de Kemper, con notables xacementos de carbón, e ao S, Hesbaye, como zona agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia situada no S de Países Baixos (82.209 km2; 1.141.192 h [2000]). A capital é Maastricht. Limburg meridional é unha chaira cuberta de loess, con cultivos de arroz, remolacha azucreira e gandería bovina. O sector setentrional reúne unha actividade agropecuaria máis diversificada, a avicultura e a floricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica dividida entre a provincia homónima do NL de Bélxica e a provincia tamén homónima do S de Países Baixos. Dominada sucesivamente polos romanos e os francos, tralo reparto do Imperio Carolinxio (843) foi atribuída a Luís o Xermánico. Constituída en condado en 1082 e ducado en 1155, integrouse no Ducado de Brabante en 1188. Pola Paz de Westfalia (1648) as Provincias Unidas acadaron a parte oriental de Limburg mentres que a occidental permaneceu en poder dos monarcas hispanos.

    VER O DETALLE DO TERMO