Limburg

Limburg

Rexión histórica dividida entre a provincia homónima do NL de Bélxica e a provincia tamén homónima do S de Países Baixos. Dominada sucesivamente polos romanos e os francos, tralo reparto do Imperio Carolinxio (843) foi atribuída a Luís o Xermánico. Constituída en condado en 1082 e ducado en 1155, integrouse no Ducado de Brabante en 1188. Pola Paz de Westfalia (1648) as Provincias Unidas acadaron a parte oriental de Limburg mentres que a occidental permaneceu en poder dos monarcas hispanos.