"Limoges" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • CAPITAIS

    Capital de Lemosín, Occitania, e do departamento de Alta Viena, Francia (133.968 h [1999]). Está situada na beira dereita do río Viena. Ten fábricas de tecidos, industria alimentaria, do calzado, do papel, de material eléctrico e ferroviario, e fundicións. O monumento máis importante é a catedral (ss XIII-XV). A antiga abadía de San Marcial foi un importante centro de produción de esmaltes na técnica do champlevé. Tivo o seu mellor momento nos ss XII e XIII. No s XVI foi creada unha manufactura real, onde traballaron importantes pintores. En 1768, o descubrimento de xacementos de caolín permitiu a súa explotación pola manufactura de Sèvres con vista á fabricación de porcelana de pasta dura semellante á de Meissen. Atópase á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio feudal no Condado de Limoges, ao redor da cidade homónima, que foi cedido polo conde Ramón I de Toulouse e de Limoges ao seu fillo Fulcoaldo I de Limoges, morto cara a 886, asociado polo seu pai ao goberno deste condado desde 852. O seu neto Hildegardo I de Limoges, morto cara a 945, foi o primeiro vizconde efectivo de Limoges.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (s III?) Primeiro bispo de Limoges. Foi desde Roma a Aquitania para evanxelizar Lemosín. A lenda considérao un dos discípulos de Xesús Cristo e curmán de san Pedro. No s V foi santificado polo pobo. Na iconografía leva vestiduras de bispo e ás veces porta un bastón. A súa festividade celébrase o 30 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo de orixe francesa. Decano dos mestres parisienses de medicina, foi un orador de quen se conservan fragmentos en lingua vulgar. Actuou principalmente en París e Limoges. En 1306 legou á Sorbonne a súa biblioteca, composta por máis de cento vinte volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mártir. Bautizada, segundo a lenda, por san Marcial, bispo de Limoges, morreu decapitada. Segundo a tradición, colleu a cabeza entre as mans e dirixiu a vista dos verdugos ao altar, onde san Marcial estaba oficiando. Represéntase coa cabeza entre as mans. A súa festividade celébrase o 9 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO