"Lincoln" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
PERSOEIRO
Explorador, enxeñeiro e aviador norteamericano. Formou parte de numerosas expedicións e viaxes aos Andes e ao Amazonas, pero sobre todo destacan a travesía transártica con Roald Amundsen e Umberto Nobile no dirixible Norge (1926) e a que realizou á Antártida en avión en 1935.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Lincoln (1188). Mandou construír a catedral de Lincoln. Loitou contra a simonía e defendeu os dereitos da Igrexa fronte aos reis de Inglaterra. Na iconografía leva vestiduras de bispo ou de cartuxo e, como atributos, o cisne e tamén un cáliz co neno Xesús dentro. A súa festividade celébrase o 17 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do condado de Lincolnshire, Inglaterra, Reino Unido (76.660 h [1981]), situada á beira do río Witham. É un centro industrial de material agrícola, motores diesel e industria mecánica. Fundada en época romana, tivo importancia comercial durante a Alta Idade Media. A catedral, comezada en 1072, foi construída nos tres estilos do gótico inglés. A fachada e a sala capitular son de estilo gótico primitivo e as torres son de estilo perpendicular (1340-s XVI).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Nebraska, EE UU (225.581 h [2000]). Situada nun val, no centro do estado, é un centro cultural, en que tamén destaca a industria alimentaria, metalúrxica, mecánica e química.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Complexo cultural creado na cidade de Nova York en 1961, entre Broadway e Central Park, por un grupo de mecenas, onde se sitúan institucións como a Metropolitan Opera House, o New York State Theatre, a Juliard School ou a Biblioteca Museo das Artes da Representación. Asociada ao complexo creouse a correspondente Lincoln Center Repertory Company, que contou entre os seus directores con Elia Kazan, Robert Whitehead, Herbert Blau, Jules Irving ou Joseph Papp.
-
PERSOEIRO
Político estadounidense. Participou na loita contra os indios (1832) e foi deputado whig por Illinois (1834-1842). Perdeu os seus apoios cando se opuxo á guerra de México. No 1854 pronunciouse contra a escravitude nos estados do NO e a favor dunha fórmula federal. Ingresou no partido republicano no 1856 e foi elixido presidente no 1860, ao mesmo tempo que se separaron da Unión sete estados do S que formaron a Confederación Sudista. A expansión industrial e demográfica e a insurrección dos escravos precipitaron a Guerra Civil. No 1862 proclamou a emancipación de todos os escravos e, finalizada a Guerra de Secesión, mostrouse moderado e organizou un programa de reconstrución do S. Reelixido como presidente no 1864, morreu asasinado nun teatro de Washington polo sudista John Wilkes Booth.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Inglaterra, Reino Unido (5.921 km2; 634.300 h [estim 2000]). A capital é Lincoln.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido (192 km2; 155.200 h [estim 2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido (833 km2; 152.500 h [estim 2001]).
VER O DETALLE DO TERMO