Lincoln
Lincoln
Capital do condado de Lincolnshire, Inglaterra, Reino Unido (76.660 h [1981]), situada á beira do río Witham. É un centro industrial de material agrícola, motores diesel e industria mecánica. Fundada en época romana, tivo importancia comercial durante a Alta Idade Media. A catedral, comezada en 1072, foi construída nos tres estilos do gótico inglés. A fachada e a sala capitular son de estilo gótico primitivo e as torres son de estilo perpendicular (1340-s XVI).