"Lleida" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Profesor na Universitat de Lleida, traballou como avogado laboralista. Ingresou na Unió Democràtica de Catalunya (UDC) en 1974 e presidiu o Comité de Goberno entre 1982 e 1984, e a partir de 1987. Deputado de Convergéncia i Unió (CiU) no Congreso en diversas lexislaturas (1982, 1986 e 1989), foi tamén deputado no Parlamento Europeo (1986-1987), vicepresidente da Internacional Demócrata Cristiana (1993-1998), e dende 1992, deputado no Parlamento de Catalunya. Foi conselleiro de Governació i Relacions Institucionals (1999-2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio e capital da provincia de Lleida, Catalunya (112.199 h [2001]), situado á beira do río Segre. O seu relevo articúlase arredor do prepireneo e o clima é continental árido. A base económica é a agricultura extensiva de cereais e o regadío. A industria céntrase na produción vinícola, alimentaria, química e na fabricación de armas. Do seu patrimonio cultural destaca a Seu Vella, declarada Ben de Interese Cultural (BIC, 1918), a igrexa de Sant Llorenç (BIC, 1931) e a Casa do Concello ou Paeria, do s XIII (BIC, 1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Catalunya, integrada por 230 municipios e seis partidos xudiciais (12.712 km2; 362.206 h [2001]). A súa capital é LLeida. O relevo caracterízase pola presenza dos Pireneos ao N e a chaira de Urgell ao S. Na economía destaca a explotación forestal e gandeira, o turismo de inverno e os abundantes potenciais hidroeléctricos. A provincia ten como base a división bonapartista de 1810 e a de 1814, proposta polas Cortes de Cádiz, que estivo vixente durante o Trienio Liberal (1820-1823). A provincia quedou fixada a mediados de 1836.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Taifa constituída no s XI, despois da descomposición do Califato de Córdoba (1017-1023) por Sulaymān ibn Mu Palatino; ḥ ammad ibn Hūd. Sulaymān Sayyid al-Dawla (1090-1102) foi o derradeiro dos Banū Hūd, e despois Lleida caeu en poder dos almorábides, e o seu territorio quedou reducido ao val do Segre nas mans dos reis saharianos, entre eles, al-Mu Palatino; ẓ affar, que entregou Lleida aos condes Ramón Berenguer IV de Barcelona e Ermengol VI de Urgell o 24 de outubro de 1149.

    VER O DETALLE DO TERMO