Lleida
Lleida
Provincia de Catalunya, integrada por 230 municipios e seis partidos xudiciais (12.712 km2; 362.206 h [2001]). A súa capital é LLeida. O relevo caracterízase pola presenza dos Pireneos ao N e a chaira de Urgell ao S. Na economía destaca a explotación forestal e gandeira, o turismo de inverno e os abundantes potenciais hidroeléctricos. A provincia ten como base a división bonapartista de 1810 e a de 1814, proposta polas Cortes de Cádiz, que estivo vixente durante o Trienio Liberal (1820-1823). A provincia quedou fixada a mediados de 1836.