LLedó Castillo, Cayetano

LLedó Castillo, Cayetano

Pintor. Estudiou debuxo na Escola de Artes de Vigo e diplomouse na Academia Panamericana de Nova York. O seu estilo é impresionista, non vinculado a escolas, e na técnica emprega tanto óleo como acuarela. Cultiva a paisaxe e as mariñas. Entre as súas obras destaca Ciudad de Tui.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santander