llelo
llelo
(< lles + o(s)
contr
Forma contracta do pronome persoal átono de terceira persoa de plural en función de complemento indirecto lles + o pronome persoal átono masculino de terceira persoa o(s), que funciona como complemento directo.
Ex: Comproulles uns instrumentos ós fillos e afinoullelos porque eles aínda non o sabían facer.
Citas
- Comproulles uns instrumentos aos fillos e afinoullelos porque eles aínda non o sabían facer.