Llerena

Llerena

Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado ao pé da serra de San Bernardo (5.525 h [2001]). Destaca a gandería lanar e, nun segundo plano, a agricultura, principalmente de cereais e oliveiras. Sobresae a industria alimentaria e a de fabricación de materiais de construción. Conserva parte das murallas. Destacan as igrexas de Nuestra Señora de Granada e a de Santiago.