"Llobregat" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, na marxe dereita do río Llobregat (7.600 h [1996]). A economía baséase na construción e nos servicios que se derivan desta, o sector téxtil e a elaboración de cemento. A agricultura tamén ten un papel importante, sobre todo o cultivo de oliveiras e de vides. A vila moderna formouse pola aglomeración dos antigos núcleos de Corbera de Dalt e Corbera de Baix. A igrexa románica de Santa María, ampliada en 1700, coñécese pola escenificación anual que fai do seu pesebre vivente. Do seu patrimonio arquitectónico destaca a casa dos baróns de Corbera (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona, Catalunya, drenado polo río Llobregat (82.490 h [1996]). A cidade posúe un núcleo principal que separa dous sectores, o de Cornellà de Baix e o de Cornellà de Dalt. Trátase dun importante centro agrícola (árbores froiteiras) e gandeiro (vacún). A industria experimentou un gran desenvolvemento a partir de 1960, sobre todo a siderurxia, a química e a de vidro. A vila xurdiu sobre a antiga igrexa parroquial de Santa Maria, destruída en 1936 e refeita posteriormente. Do seu patrimonio cultural destacan os restos dunha vila romana e dunha basílica, posiblemente visigoda, con columnas corintias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado na marxe esquerda do río Llobregat (46.810 h [1996]). A partir dos anos cincuenta, a recuperación da actividade industrial e a inmigración convertérono nun municipio catalán cun alto grao de industrialización; traballa neste sector o 42% da poboación. Os principais sectores son o téxtil, as artes gráficas e os produtos químicos, farmacéuticos e plásticos. Tamén tivo un gran desenvolvemento o sector servicios, mentres que a agricultura apenas ten relevancia. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Santa Magdalena, medieval, e reconstruída no s XVI, o convento de Montsió (s XIV e XV) e a Torre Lleóns, casa do s XVI construída sobre unha vila romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da área metropolitana e da provincia de Barcelona, Catalunya (239.019 h [2001]). Vinculado historicamente á cidade de Barcelona, o seu desenvolvemento económico e urbano está en estreita relación co da capital, pois debido ao seu carácter limítrofe converteuse nunha das primeiras áreas de expansión residencial e localización industrial periférica. Esta expansión desembocou nunha auténtica conurbación; malia todo, puido manter a súa identidade municipal, incluso cando en 1974 se integrou na entidade supramunicipal da área metropolitana de Barcelona. Do seu patrimonio cultural destacan as ermidas románicas de Santa Eulàlia de Provençana e de Bellvitge e as construcións industriais modernistas Can Serra e Can Espanya, declaradas Ben de Interese Cultural (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Catalunya que nace no Pireneo Oriental e desemboca no Mar Mediterráneo, no Prat de Llobregat, 5 kms ao S de Barcelona, logo dun percorrido de 170 km en dirección N-S. Rega unha conca de 5.110 km2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (61.818 h [2001]). A construción da canle á dereita do Llobregat, a mediados do s XIX, transformou a agricultura de cereais de secaño en regadío. Predominan as industrias do sector téxtil, químico, alimentario, do papel, auxiliares e de transformación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (78.738 h [2001]). É unha cidade dormitorio de Barcelona e un centro industrial moi diversificado en que destaca o sector téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (3.140 h [2001]). Predominan os cultivos de secaño e de árbores froiteiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (40.042 h [2001]). A progresiva industrialización e urbanización desde finais da década de 1950 fixeron minguar a agricultura. Ten unha industria moi diversificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (3.759 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandaría. Destaca o cultivo de cereixas.

    VER O DETALLE DO TERMO