"Loja" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • PERSOEIRO

    Tsar de Bulgaria (1197-1207). Sucedeu ao seu irmán Pedro I e estendeu o reino ata Belgrado e Varna. Derrotou o Emperador latino Balduíno I de Constantinopla (Adrianópole, 1205) e apoderouse de Tracia. Máis tarde dirixiuse contra Bonifacio de Montferrato, rei de Tesalónica, e durante o cerco desta cidade morreu asasinado por un dos seus xenerais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado na ribeira esquerda do río Genil, onde se forma a gorxa dos Infernos (20.060 h [2001]). A agricultura é a riqueza principal e as actividades industriais son maioritariamente derivadas. En 1482 tivo lugar a vitoria dos musulmáns sobre os Reis Católicos, pero catro anos máis tarde foi recuperada. En 1861 foi escenario dunha revolta campesiña, coñecida como Insurrección de Loja. O seu conxunto histórico foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC, 2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Ecuador (11.026 km2; 404.085 h [2001]). A súa capital é Loja (117.796 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO