Loja
Loja
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado na ribeira esquerda do río Genil, onde se forma a gorxa dos Infernos (20.060 h [2001]). A agricultura é a riqueza principal e as actividades industriais son maioritariamente derivadas. En 1482 tivo lugar a vitoria dos musulmáns sobre os Reis Católicos, pero catro anos máis tarde foi recuperada. En 1861 foi escenario dunha revolta campesiña, coñecida como Insurrección de Loja. O seu conxunto histórico foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC, 2001).