"Lonxinos" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do xentilicio latino Longinus, derivado do antigo sobrenome Longus, procedente do adxectivo latino longus ‘longo, alto’, aínda que tamén pode ter orixe no grego ëïíãêå ‘lanza’. San Lonxinos celébrase o 15 de marzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(s I) Mártir. De orixe isáurica, identificouse co soldado ou centurión romano que atravesou coa lanza o costado de Xesús Cristo crucificado. Represéntase co uniforme militar romano ou vestido de cabaleiro medieval, a pé ou a cabalo, e leva como atributo unha lanza. A súa festividade celébrase o 15 de marzo.