Lonxinos, san

Lonxinos, san

(s I) Mártir. De orixe isáurica, identificouse co soldado ou centurión romano que atravesou coa lanza o costado de Xesús Cristo crucificado. Represéntase co uniforme militar romano ou vestido de cabaleiro medieval, a pé ou a cabalo, e leva como atributo unha lanza. A súa festividade celébrase o 15 de marzo.