"Lotus" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas carnívoras (o único da familia das cefalotáceas) propio de Australia. Presenta flores hexámeras dispostas en panículas e follas en roseta, as superiores lanceoladas e as inferiores transformadas en ascidios, onde capturan e dixiren pequenos invertebrados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, anuais ou perennes, da familia das fabáceas, que se caracterizan por ter follas imparipinnadas de 5 folíolos, flores solitarias ou dispostas en umbelas, e froito en legume, cilíndrico e con moitas sementes. En Galicia pódense atopar as especies L. corniculatus, L. pedunculatus, L. glareosus e L. tenuis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas da familia das papilonáceas, odoríferas, de follas alternas e compostas por tres foliolos. As flores son inflorescencias en acios pedunculados, de flores pequenas de cor amarela ou branca. Comprende unhas 25 especies de Europa, Asia e África.