Patella
Patella
[ANIMAL]
Xénero de moluscos, da familia dos patélidos, que presentan a cuncha rugosa e cónica, co ápice algo desviado do centro cara adiante. Aliméntanse de algas e viven no nivel intermareal, fortemente adheridas ás rochas, en puntos fixos dos que só marchan pola noite en busca de alimento, regresando despois ao mesmo punto exacto mediante un sistema de orientación. A especie máis común en Galicia é a lapa, P. vulgata.