"Louzao" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • GALICIA

    Pintor, decorador e restaurador. Formouse con Xoán Xosé Cancela del Río na Real Sociedad Económica de Amigos del País e foi discípulo de Federico de Madrazo na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Rematados os estudios, instalou o seu estudo en Santiago (1852) e opositou, sen éxito, fronte a Modesto Brocos para a praza de debuxo da Real Sociedade Económica de Amigos del País. Practicou unha pintura romántica e introduciu o costumismo en xéneros como o retrato, a paisaxe e a pintura relixiosa. A influencia de Madrazo reflitiuse nos seus retratos, xénero no que destacou; entre outros, cómpre salientar os do Cardeal Payá, o Cóengo Valenzuela, os Duques de Medinaceli e do Marqúes de Monroy, ademais da copia do retrato do Cardenal Cuesta de Dionisio Fierros. En 1858 con motivo da visita da Raíña Isabel II a Santiago de Compostela regaloulle unha acuarela do Pórtico da Gloria e en 1887 regalou dúas obras de tipos galegos ao Rei...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz e escritora. Filla de emigrantes galegos, estudiou Letras na Universidad de Filosofía y Letras de Bos Aires e Arte Escénica na escola de Alejandra Boero. Participou en películas como Los Enemigos (1982), La pasión según San Juan (1987), El día que Maradona conoció a Gardel (1995), Eva Perón (1996), Doña Bárbara (1997) ou Testigos ocultos (2000). Tamén é autora de guións, obras teatrais e da novela Ágata Galaffi, la flor de la mafia (2000). Obtivo, entre outros, o Premio Cibeles de Plata á mellor interpretación feminina no Festival Internacional de Cine de Madrid (1996) e o premio da Fundación Eva Perón (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, unha banda de prata engolada en dragantes de sinople, acompañada no alto dunha estrela de ouro de oiro raios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor. Especializado en materiais didácticos para o ensino da lingua, como ensaísta publicou un traballo sobre o teatro de Blanco Amor no libro colectivo Sempre en Auria (1993). Autor da guía Costa da Morte: un litoral insólito (1999), con fotografías de Nieves Loperena e Tono Arias, como narrador publicou La última isla (1993), Pancarta para Xulia (1994) e As armas delicadas (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Director xerente de Televisión de Galicia desde 1996 e membro da comisión técnica de televisión do Consello da Cultura Galega, planificou e desenvolveu a revista Entregas de Comunicación Cultural. Entre 1985 e 1986 dirixiu os Circuítos Teatrais da Xunta de Galicia ata o seu ingreso na TVG (1986), onde foi xefe de produción de informativos e director de produción. Recibiu o Premio Arte (1997) da Asociación de Representantes Técnicos do Espectáculo.

    VER O DETALLE DO TERMO