Iquique

Iquique

Capital da rexión de Tarapacá, Chile (166.647 h [1999]). Asentada xunto a un poboado indio, iniciou o seu desenvolvemento a mediados do s XVI cando foron descubertas as minas de Huantaya. Pertencente a Perú, foi conquistada en novembro de 1879 polos chilenos.